OmegaT é un programa de memoria de tradución libre escrito en Java. É unha ferramenta pensada para as persoas que traducen de forma profesional. Non traduce por vostede! (O software que realiza esta acción coñécese como \xABtradución automática\xBB, e terá que buscalo noutro lugar.) OmegaT ten as seguintes características:
Coincidencias parciais
Propagación das coincidencias
Procesamento simultáneo de múltiples ficheiros de proxectos
Uso simultáneo de múltiples memorias de tradución
Uso de glosarios con recoñecemento de formas flexivas
Os formatos de ficheiro inclúen: Microsoft Word, Excel, Powerpoint (.docx, .xlsx, .pptx) XHTML e HTML Formato Open Document (LibreOffice, OpenOffice.org) MediaWiki (Wikipedia) Texto plano ...e arredor de 30 formatos de ficheiro máis
Soporte de Unicode (UTF-8): pode empregarse con alfabetos non latinos.
Soporte para idiomas que escriben de dereita a esquerda
Corrector integral
Compatible con outros programas de memorias de tradución (TMX, TTX, TXML, XLIFF, SDLXLIFF)