Propagation and one-to-many matching HowTo

Guía de propagación e coincidencias individuais-colectivas

Introdución

Esta guía describe as funcións de propagación automática de coincidencias e coincidencias individuais-colectivas

Propagación

Omega T emprega a función de propagación automática de coincidencias por defecto. Isto quere dicir que tan pronto como se traduce un segmento, OmegaT insire a mesma tradución de forma automática en todos os segmentos idénticos. Se xa se traduciu un segmento e se modifica outro idéntico que aparece máis adiante no texto, actualizarase o segmento orixinal coa modificación. En OmegaT denominamos os segmentos que aparecen en máis dunha ocasión como \xABsegmentos non únicos\xBB.

Se selecciona Ver > Marcar segmentos non únicos o programa mostrará a primeira aparición dun segmento non único en negro e as seguintes en gris. Esta función resulta útil durante a revisión dunha tradución, pois é posible que só sexa necesario revisar a primeira aparición dun segmento non único e, desta forma, comprobar que un segmento marcado en gris, en lugar de en negro, xa foi revisado. (Se seleccionou Opcións > Ver > \xABIncluír os primeiros segmentos non únicos cando se marcan os segmentos non únicos\xBB, todas as aparicións dos segmentos non únicos estarán en gris.)

Pode desactivar a función de propagación automática de coincidencias en Proxecto > Propiedades > \xABPropagación automática das traducións\xBB. Isto causará que todas as repeticións de segmentos non únicos sexan consideradas traducións alternativas (vexa \xABCoincidencias individuais-colectivas\xBB máis abaixo).

Coincidencias individuais-colectivas

Na maioría dos casos, a persoa que realiza a tradución quererá traducir os segmentos idénticos dentro dun proxecto da mesma forma. Para os casos nos que dous os varios segmentos idénticos requiran traducións diferentes, OmegaT ofrece o sistema \xABcoincidencias individuais-colectivas\xBB.

A función coincidencias individuais-colectivas de OmegaT asume en primeiro lugar que os segmentos idénticos deben ser traducidos da mesma forma. Denominamos este proceso como \xABtradución por defecto\xBB. Para crear unha tradución diferente da \xABtradución por defecto\xBB ten que facer clic co botón dereito do rato no segmento e seleccionar \xABCrear unha tradución alternativa\xBB. Desta forma poderá traducir o segmento como desexe sen que as futuras repeticións se traduzan de forma automática para que sexan idénticas a el.

Pode ter tantas \xABtraducións alternativas\xBB de segmentos idénticos como desexe, pero só pode haber unha tradución por defecto (ou, se for o caso, ningunha).

Pode converter unha tradución alternativa na tradución por defecto facendo clic dereito co rato nela e escollendo \xABEmpregar como tradución por defecto\xBB. Desta forma converterá a tradución empregada no segmento seleccionado na tradución por defecto. OmegaT utilizará esta tradución para actualizar todas as repeticións do mesmo segmento que empregaban a anterior \xABtradución por defecto\xBB.

Se xa traduciu una repetición dun segmento non único e desexa que outra versión do segmento non único sexa a tradución por defecto sen cambiar o segmento xa traducido, deberá cambiar o estado do segmento traducido a \xABtradución alternativa\xBB coa opción \xABCrear unha tradución alternativa\xBB.

Para eliminar o estado de \xABtradución alternativa\xBB dun só segmento e actualizalo coa nova \xABtradución por defecto\xBB, só ten que eliminar o contido dese segmento. Desta forma eliminará a \xABtradución alternativa\xBB e o segmento actualizarase coa \xABtradución por defecto\xBB. Pode eliminar o contido dun segmento empregando os atallos de teclado Ctrl+A > Ctrl+X > Intro, facendo clic dereito co rato e escollendo a opción \xABEliminar tradución\xBB ou simplemente usando a tecla SUPR de forma repetida.

Guía de comandos de propagación e coincidencias individuais-colectivas

Nada (comportamento por defecto): todos os segmentos idénticos tradúcense automaticamente da mesma forma.

Marcar os segmentos non únicos: OmegaT marca os segmentos idénticos en gris (esta opción cambia a visualización, pero non o comportamento do programa).

Crear unha tradución alternativa: converte o segmento en único e, desta forma, os cambios que realice neste segmento non terán efecto noutros segmentos nin se verá afectado polos cambios na \xABtradución por defecto\xBB.

Eliminar tradución: elimina o contido do segmento, permitindo desta forma que se actualice (cando prema Intro) coa tradución por defecto.

Empregar como tradución por defecto: converte o segmento seleccionado na tradución por defecto e, polo tanto, todos os segmentos que antes empregaban a \xABtradución por defecto\xBB serán actualizados coa nova versión.

Aspectos que debe ter en conta

No caso dalgúns tipos de ficheiro, OmegaT diferencia os segmentos idénticos tendo en conta os segmentos que os preceden e seguen. Polo tanto, para poder crear unha tradución alternativa, os segmentos idénticos deben estar precedidos e seguidos por segmentos distintos. Nos casos nos que dous segmentos estean precedidos e seguidos por segmentos idénticos (por exemplo, cando unha páxina enteira aparece dúas veces no mesmo texto), non se poderán traducir de forma diferente, é dicir, OmegaT non pode crear unha \xABtradución alternativa\xBB.

\xABSegmentos non únicos\xBB abarca tanto a tradución por defecto como as alternativas. Desta forma, os segmentos que estean marcados (coa fonte en gris) como segmentos non únicos están marcados desta forma independentemente de se existen traducións alternativas ou non.

Por defecto, o comando Ir ao seguinte segmento non traducido (Ctrl+U) irá ao seguinte segmento sen traducir, saltando traducións propagadas no proceso. Pola contra, se escolleu Opcións > Editar comportamento > \xABIr ao seguinte segmento sen traducir detense cando hai polo menos unha tradución alternativa\xBB e existe polo menos unha tradución alternativa dun segmento non único, esta función tratará todas as repeticións dese segmento (xa sexan traducións por defecto ou alternativas) como segmentos sen traducir e polo tanto non os saltará.

Copyright Marc Prior 2014