Howto - The "Priorview" preview utility

Guía: A opción de vista previa \xABPriorview\xBB

Situación e principios

Priorview é unha pequena ferramenta que permite usar unha función de vista previa en OmegaT. Para ler sobre a situación e os principios, visite a Guía da vista previa. Esta guía fala do uso de Priorview para Windows e Linux. Se emprega Mac OS X, pode descargar unha versión Priorview de para Mac aquí. Inda non existe documentación para a versión de Mac, polo que a información que aparece a continuación non se lle aplica.

Software necesario

Para usar Priorview en Windows ou Linux, precisa:

1. Un navegador, sendo específicos:

2. Unha ferramenta de conversión, sendo específicas

3. Tcl/Tk

É probable que practicamente calquera versión actual de Tcl/Tk sexa adecuada, pero debe ter Tcl (o intérprete de scripts) e TK (o compoñente gráfico).

4. Priorview

Para instalar Priorview só ten que descomprimir o ficheiro zip en calquera localización adecuada do disco duro. Para executar Priorview, abra unha xanela de comando/terminal/consola e escriba:

cd path

onde path é a dirección completa do cartafol no que se atopa preview.tcl. Logo escriba:

wish priorview.tcl

Pode simplificar a execución escribindo un ficheiro de scripts, por exemplo, un ficheiro de texto plano que conteña estas dúas liñas.

Usar Priorview

Se todo funcionou correctamente, Priorview debería aparecer ao executarse como se describe arriba. Cando estea en Priorview, seleccione:

Cando teña realizado todas estas escollas aparecerá o botón de Inicio. Cando faga clic no botón, abrirá no seu navegador unha páxina de proba na que lle indicará que ten que establecer como automática a función de actualización, e despois de facelo, debería premer Ctrl+s e Ctrl+d en OmegaT para executar a actualización automática no navegador.

Mentres Priorview se está executando, pode:

Debe ter en conta que unha vez que se execute Priorview non poderá seleccionar un navegador ou unha ferramenta de conversión diferente, polo que estas opcións quedarán ocultas despois de executar o programa. Para seleccionar un navegador ou unha ferramenta de conversión diferente, debe pechar Priorview e volver a executalo.

O botón Saír pecha Priorview e tamén borra os ficheiros temporais que crea. (Outras formas de pechar Priorview non borrarán os ficheiros temporais.)

preview_ss.png

Un comunicado de prensa da Comisión Europea (en formato .odt) en OmegaT e debaixo del o texto de destino instantáneo mostrado en Opera. Esquina inferior dereita: a ferramenta Priorview. A disposición que se mostra aquí só é un exemplo, pode cambiar a disposición das xanelas ao seu gusto.

Información para a solución de problemas

Se a dirección da localización de priorview.tcl ten espazos, póñaa entre comiñas, por exemplo:

cd "C:\Os meus ficheiros\priorview"

Se Priorview non se executa:

Dependendo da versión de Tcl/Tk que teña instalada, é posible que teña que engadir o número de versión ao comando Wish, por exemplo:

wish8.5 priorview.tcl

Preste atención ás maiúsculas e ás minúsculas.

Se o ficheiro que se mostra no navegador non se actualiza, comprobe o seguinte:



Copyright Marc Prior 2012