Howto - Compiling OmegaT from the source code

Guía de OmegaT:
Compilar OmegaT a partir do código fonte

Esta guía explica como compilar OmegaT a partir do código fonte.

OmegaT está dispoñible xa compilado para múltiples plataformas, e existe unha versión multiplataforma. Polo tanto non é necesario compilar OmegaT para poder usalo. Compilar OmegaT é útil para desenvolvedores que queiran facer modificacións ao código do programa.

1. Descargue e instale o Java Development Kit (JDK) e Apache Ant

Poden usarse varios programas para compilar o código fonte de novo despois de modificalo, pero entre os máis prácticos atópase Apache Ant. Tamén é preciso o Java Development Kit (JDK).

Dependendo de como instale o Java Development Kit, é posible que teña que cambiar o atributo \xABJAVA_HOME\xBB para que funcione con Ant.

2. Compile o código

Os nomes de cartafoles aquí indicados son só para fins ilustrativos, os números de versión cambiarán.

Abra unha xanela de liña de comandos (consola, xanela de DOS). Cambie o cartafol ao cartafol principal do código fonte de OmegaT (o cartafol que contén o ficheiro build.xml), por exemplo:

cd C:\My Documents\MyOmegat\OmegaT_2.2.3_Beta_Source

Neste cartafol, inicie Apache Ant entrando no executable de ant. É posible que sexa necesario introducir a ruta completa, por exemplo:

C:\Program Files\apache-ant-1.7.0-bin\apache-ant-1.7.0\bin\ant

Se o código se compila con éxito verá a mensaxe \xABBUILD SUCCESSFUL\xBB. Se non é así, aparecerán mensaxes de depuración que, con sorte, lle axudarán a ter unha idea de cal é o problema.

3. Execute OmegaT

Se o seu código se compilou con éxito, a versión compilada de OmegaT estará en:

OmegaT_2.2.3_Beta_Source\dist

Sen saír da liña de comandos, cámbieo a este cartafol, por exemplo con:

cd C:\My Documents\MyOmegat\OmegaT_1.8.0_01_Beta_Source\dist

e inicie OmegaT con:

java -jar OmegaT.jar

4a. 1\xBA exemplo de modificación: cambiar a cor coa que se destacan os segmentos

No cartafol

src/org/omegat/gui/editor

abra o ficheiro SegmentBuilder.java nun editor de texto.

Busque as liñas:

return Styles.createAttributeSet(fg, Styles.COLOR_GREEN, true, null);

e

b = Styles.COLOR_GREEN;

e cambie

COLOR_GREEN

por

COLOR_BLUE.

No cartafol

src/org/omegat/util/gui

abra o ficheiro Styles.java nun editor de texto.

Busque a liña

public static final Color COLOR_GREEN = new Color(192, 255, 192);

Cambie

COLOR_GREEN

por

COLOR_BLUE

e

192, 255, 192

por

225, 225, 255.

4b. 2\xBA exemplo de modificación: incremente o número de coincidencias parciais que se mostran de cinco a dez

No cartafol

/src/org/omegat/util

abra o ficheiro OConsts.java nun editor de texto.

Busque as liñas:

/** Number of fuzzy matches to display */
public static final int MAX_NEAR_STRINGS = 5;

e cambie

= 5

por

= 10

En ambos exemplos, compile e faga probas tal como se describiu arriba.

Copyright Marc Prior 2011-2012