Howto - OmegaT compatibility with Déjà Vu

Guía de OmegaT: Compatibilidade de OmegaT con Déjà Vu

Esta guía explica como usar OmegaT xunto coa ferramenta de tradución asistida de Atril Déjà Vu.

Situación

Vostede realiza as traducións con OmegaT e un cliente solicita que entregue unha tradución no formato de ficheiro de Déjà Vu. Pode facelo (no caso do Déjà Vu DVX) usando o formato de ficheiro de Déjà Vu \xABExternal Views\xBB.

\xABExternal View\xBB de Déjà Vu

O formato \xABExternal View\xBB de Déjà Vu é unha das características de Déjà Vu DVX. Permítelle aos editores que posúen Déjà Vu editar traducións producidas en Déjà Vu de forma que as correccións poden ser introducidas de forma sinxela. Da mesma forma os usuarios de ferramentas de tradución asistida, incluíndo OmegaT, que non posúan Déjà Vu poden traducir ficheiros preparados por un usuario de Déjà Vu.

Un ficheiro \xABExternal View\xBB de Déjà Vu é un ficheiro RTF que contén unha táboa con múltiples columnas, incluíndo columnas para o texto de orixe e o texto de destino, nas cales cada segmento ocupa unha cela. Nun ficheiro \xABExternal View\xBB sen traducir a columna de destino está baleira. Para crear un ficheiro \xABExternal View\xBB traducido hai que introducir a tradución na columna de destino. Os pasos para traducir o ficheiro en OmegaT son os seguintes:

1. Converta o ficheiro RTF ao formato OpenOffice.org.

2. Faga unha copia do ficheiro External View, e nesta copia borre o contido de todas as columnas excepto os da columna do texto de orixe.

3. Traduza este ficheiro en OmegaT da forma habitual. As etiquetas que pode atopar nos segmentos aparecen como números de serie dentro de chaves, por exemplo, {1}, {2}, etc. Debe tratar estas etiquetas como trataría as de OmegaT (ten que ter en conta que as funcións de etiquetas de OmegaT, tales como a función de validación de etiquetas, non están dispoñibles neste caso).

4. Unha vez teña completado a tradución e creado os documentos traducidos, copie a columna traducida que atopará no documento traducido na columna de destino do ficheiro orixinal.

5. Converta o ficheiro de novo a formato RTF.

Para que este proceso funcione, o usuario de Déjà Vu debe preparar o ficheiro de orixe e entregarllo ao tradutor no formato \xABExternal View\xBB de Déjà Vu. Pode atopar máis información sobre o formato e o proceso para crealo, tanto para usuarios de Déjà Vu como doutras ferramentas de tradución asistida, na páxina de Atril correspondente e no útil blog que mantén Kevin Lossner.

Copyright Marc Prior 2009-2011